Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona abre o prazo para aspirantes aos postos da Festa da Arribada 2012.

O Concello de Baiona abre o prazo para aspirantes aos postos da Festa da Arribada 2012.

Correo-e Imprimir PDF
postos arribada

O Concello de Baiona deu a coñecer as bases para aspirar aos postos de edición 2012 da Festa da Arribada. Para obter posto de venda no Real Mercado Medieval é mester solicitalo no Concello en impreso oficial ata ó 15 de febreiro. A festa celebrarase os días 3 e 4 de marzo de 2012, dende as 10:00h da mañá ata as 23:00horas. A adxudicación dos postos de venda farase en acto público o sábado día 18 de febreiro ás 11:00h da mañá no Salón de Plenos do Concello.

 

No intre de presenta-la solicitude deberá entregarse o xustificante do pago segundo a mercadoría: a)Artesania : un pago dun aval-fianza de 100 € , nestes posto soamente poderase vender artesanía, se apotase outro tipo de mercadoría perderíase automaticamente o aval-fianza. b)Comida: un pago dun aval-fianza de 200 € e unha cota de 100 € Tenderete e 50 € por metro lineal ou fracción (mínimo 100 €), Posto Establecemento. Os postos gremiais están exentos de pagar a taxa de ocupación ata os 14 metros cadrados. A partir dos 14 metros cadrados, pagarán 50 € por metro cadrado.

O Real Mercado Medieval se estenderá polas seguintes prazas e rúas do casco vello de Baiona: Praza do Pai Fernando, rúa Ventura Misa, praza Pedro de Castro, rúa Conde, Fonte de Ceta, rúa Lorenzo de la Carrera, praza do Concello, Xogo da Bola, rúa do Reloxo, rúa Diego Carmona, A Laxe, Rúa San Lorenzo, rúa Manuel Valverde, Barrio de San Xoán , Praza de Santa Liberata e Alameda Carabela Pinta .