Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Todo listo en Baiona para acoller a Festa da Arribada 2012

Todo listo en Baiona para acoller a Festa da Arribada 2012

Correo-e Imprimir PDF
Baiona prepárase para acoller unha nova edición da Festa da Arribada
Baiona prepárase para acoller unha nova edición da Festa da Arribada
Access this URL (http://www.baiona.org/pdf/programa.arribada.2012.pdf)
Access this URL (http://www.baiona.org/pdf/revista.arribada.2012.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

Todo está listo en Baiona para acoller unha nova edición da Festa da Arribada en conmemoración do 519 aniversario da chegada da Carabela La Pinta coa noticia do descobremento do "novo mundo" aquel 1 de marzo de 1493.

As rúas de Baiona vestirán as súas mellores galas para acoller esta festa medieval declarada de Interese Turístico Nacional, que cada ano atrae a milleiros de visitantes á vila baionesa.

Os actos darán comezo o vindeiro venres 2 de marzo ás 18h no salón de Plenos co XV do hermanamento coa cidade francesade Pornic e finalizarán o domingo ás 22h.

O Real Mercado Medieval estenderase polas seguintes prazas e rúas do casco vello de Baiona: Praza do Pai Fernando, rúa Ventura Misa, praza Pedro de Castro, rúa Conde, Fonte de Ceta, rúa Lorenzo de la Carrera, praza do Concello, Xogo da Bola, rúa do Reloxo, rúa Diego Carmona, A Laxe, Rúa San Lorenzo, rúa Manuel Valverde, Barrio de San Xoán , Praza de Santa Liberata e Alameda Carabela Pinta .

Museo da Navegación.

A novidade deste ano ven marcada pola apertura do Museo da Navegación e un campamento de entrenamento para "caballeros" no antigo hospital Sancti Espíritus.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site