Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Xunta aproba definitivamente a modificación das normas para baixos comercias en Baiona.

A Xunta aproba definitivamente a modificación das normas para baixos comercias en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
casco vello_baiona

Os baixos comerciais que non superen os dous metros e medio de altura xa poden ser utilizados como locais comerciais na zona do casco vello de Baiona. Así o ditaminou a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, ao aprobar de forma definitiva a modificación puntual, nº 6 do PXOU baionés, relativo á altura dos locais comerciais.

 

As autoridades municipais informaron que a xustificación do cambio na norma urbanística, débese a un problema histórico para outorgar habilitacións ás edificacións anteriores á aprobación do Plan Xeral do 94. De feito, explicaron, existe un bo número de locais baleiros por non adaptarse ás normas actuais por altura. Esta situación , aseguran dende a alcaldía, estaba freando de forma considerable a actividade comercial do municipio, sobre todo do pequeno comercio.

O Plan Xeral de Ordenación Urbana de Baiona esixía un mínimo de tres metros de altura para poder dedicar o espazo a local comercial. Tendo en conta a realidade destas edificacións cuxa altura non supera os 2.50 metros, o Concello entendeu necesario adoptar medidas para propiciar o cambio de normativa. Con este obxectivo o concello de Baiona iniciou o estudo e desenvolvemento dunha nova normativa a principios do pasado ano.

Tras ser publicado no DOG, e recibidos os informes pertinentes ademais de completar o período de exposición público sen que se presentara ningunha alegación en contra, a corporación de Baiona procedeu á súa aprobación inicial no transcurso do pleno ordinario do pasado mes de agosto. Un asunto que dende o comunicado da administración lembran, "contou cos votos favorables do PP e de UPyD, e onde o PSOE e o BNG se abstiveron".

A responsable municipal de Urbanismo, Ana Simóns destacou a importancia desta aprobación xa que "servirá para dotar de seguridade xurídica tanto a propietarios como a posibles arrendatarios". Ademais, engade, "propiciará a instalación de pequenos comercios que sen dúbida axudarán a dinamizar a zona e repercutirá positivamente na economía."

Pola súa banda, o rexedor Jesús Vázquez Almuiña, mostrou a súa satisfacción por lograr sacar adiante "o cambio de normativa que tantas trabas puña ao desenvolvemento comercial do municipio."