Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Detido un mozo por tráfico de drogas tras ser perseguido pola Garda Civil en Baiona.

Detido un mozo por tráfico de drogas tras ser perseguido pola Garda Civil en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

 

A Garda Civil detivo en Baiona a un mozo como presunto suposto autor dun delito de tráfico de drogas, tras ser perseguido por axentes por rúas da localidade.

Dentro do marco das actuacións para erradicar a venda e distribución de sustancias estupefacientes a pequena escala, na tarde do xoves axentes da área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán detiveron a F.P.G., de 25 anos e veciño do lugar como presunto autor dun delito contra a saúde pública -tráfico de estupefacientes- e outro de atentado e desobediencia a axente da autoridade.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon cando o detido, ao decatarse da presenza dos axentes, iniciou unha fuxida a pé polo casco antigo da localidade, facendo caso omiso ás indicacións de alto, pero foi interceptado pouco despois.

Momentos antes de ser interceptado arroxou a unhas leiras uns obxectos que resultaron ser planchas de hachís que foron localizadas máis tarde, logo de facer un rexistro da zona. Os vultos arroxaron un peso de 500 gramos.

O detido que, no momento da súa detención causou lesións leves a un dos gardas, será posto este sábado a disposición do Xulgado de Instrución Número 4 de Vigo.