Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona "Explorando Baiona para coñecela e querela", unha experiencia formativa cos cativos da Vila Real.

"Explorando Baiona para coñecela e querela", unha experiencia formativa cos cativos da Vila Real.

Correo-e Imprimir PDF
lonxacativos

Os nenos e nenas do concello de Baiona teñen a posibilidade de percorrer a historia do municipio, coñecer os seus recursos e gozar da súa riqueza patrimonial, a través charlas e roteiros organizados polo módulo de Información Turística Local e Atención ao Visitante do Obradoiro de Emprego Ergasía. Esta iniciativa lúdico - didáctica, estase a desenvolver dende o pasado mes de outubro.

 

Os guías e animadores traballan cos cativos temas como a historia local, os monumentos, os edificios emblemáticos, os espazos naturais, a cultura, festas e lecer, entre outros moitos. As charlas van acompañadas de presentación audiovisuais e informáticas para que sexa máis atractivo e para captar mellor a atención dos cativos e cativas. O programa vai dirixido a nenos e nenas de idade moi variada, abarca dende 4 anos de infantil a 12 anos de primaria, e alumnos do instituto.

Despois de realizar algunha das visitas xunto aos rapaces, a concelleira de Educación María Jesús Garbín, manifestou a súa satisfacción "pola excelente acollida que está a ter o programa entre a comunidade educativa. Tanto os profesores como os rapaces están moi contentos de poder coñecer a fondo Baiona". Tal é o éxito que estase programando unha prolongación para o sábado día 26 dirixida a todos aqueles nenos e nenas que por motivos deferentes non puideron realizar as rutas. Os interesados poden facer efectiva a correspondente inscrición no telefono do Obradoiro de Emprego, 986 357347, en horario de oficina. Os nenos teñen que ir acompañados polos pais ou persoa encargada do seo coidado.

As rutas guiadas fanse por diferentes puntos como Monte Boi, a lonxa, o casco histórico, a Foz do Miñor, Sabarís, etc... Tamén forman parte da actividades como xogos e escenificación de momentos históricos para rememorar episodios acontecidos en Baiona.

O alumnado traballador da especialidade de turismo do Obradoiro de Emprego Ergasía, tamén realizan unha labor didáctica e divulgativa de tódolos puntos de interese do concello cos veciños e visitantes durante todo o ano. Con motivo deste proxecto escolar, desprazaranse agora a cada un dos centros para impartir as citadas charlas sobre diferentes temáticas onde se dean a coñecer aspectos relacionados coa riqueza natural e histórica de Baiona.

Sobre a iniciativa, sinala o director do Obradoiro Pedro Firvide, "estamos moi satisfeitos de levala a cabo xa que somos conscientes da necesidade de inculcar aos cativos e cativas do municipio o valor dos seus recursos e o coñecementos dos mesmos desta maneira apréndese a valorar e respectar o que se ten no contorno máis próximo."