Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Unha familia desaloxada por orden xudicial esta tarde no Casco Vello de Baiona.

Unha familia desaloxada por orden xudicial esta tarde no Casco Vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
familia 1

María Luisa, de 52 anos, con dous fillos e sen traballo foi desaloxada esta tarde dun baixo onde vivía dende hai 42 anos no Casco Vello de Baiona. Un ano sen abonar unha renda de pouco máis de 50 euros foi o motivo polo que o xuíz ordenou o desafiuzamento. Os fillos de María Luisa son maiores de idade, mais un deles sofre a Síndrome de Pierre-Robin, unha enfermidade xenética que esixe un tratamento especial.

A familia ten como sustento dúas pensións (unha pola muller e outra polo fillo enfermo) e o outro traballa como pintor. Nembargantes a muller afirmou que cos gastos da "comida, la luz, el agua… no podemos pagarlo todo".

De momento nada trascendeu sobre si esta familia sen recursos recibirá algún tipo de axuda municipal. Polo de pronto nin a asistenta social nin ninguén deste departamento do concello de Baiona se presentaron no lugar para interesarse pola familia, pese as repetidas chamadas que a familia fixo en varias ocasións. Os únicos representantes do concello foron unha patrulla da policía local de Baiona, ante a negativa da familia a abandoar a casa.

O que sí lles informaron foi que "Los Hermanos Misioneiros de los Enfermos Pobres", no barrio vigués de Teis acollerían á familia temporalmente. Finalmente a familia foi acollida por un familiar da zona para que o fillo enfermo poida seguir asistindo ás clases no colexio especial Juan María de Nigrán, xa que doutro xeito sería imposible desprazarse.