Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona presentará a súa oferta turística na Feira de Turismo de Valladolid.

Baiona presentará a súa oferta turística na Feira de Turismo de Valladolid.

Correo-e Imprimir PDF
Concejala-de-Turismo-en-Pre

Baiona promoverá os seus atractivos turísticos na Feira de Turismo de Valladolid (INTUR), facendo finca pé nas visitas na tempada baixa, as escapadas curtas da fin de semana e na súa oferta gastronómica. Para iso, e baixo o lema "Baiona, todo el año", distribuirase material informativo, e sorteará unha estancia de fin de semana no Parador de Baiona entre os visitantes ao evento. A feira terá dende o vindeiro xoves ata o domingo 27 de novembro.

 

A concelleira de Turismo, María Iglesias, salientou a política en materia turística da administración baionesa, que segue a apostar a presentar a Baiona como oferta de destino no ámbito xeográfico próximo, a poucas horas de distancia, como xa o fixera a principios deste mes na cidade de León.