Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Isabel Domínguez (PSOE) rexeita a decisión de Almuíña de retirar a Baiona da Mancomunidade de Vigo.

Isabel Domínguez (PSOE) rexeita a decisión de Almuíña de retirar a Baiona da Mancomunidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
isabel-atril

A proposta de retirar a Baiona de Mancomunidade de Vigo feita polo gobernante PP atopará a oposición da agrupación socialista local. A medida, baseada na acusación de que o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, non adoita unha actitude de consenso á hora de xestionar medidas e que a mancomunidade non aporta beneficios aos baioneses, foi refutada pola  portavoz do PSOE-Baiona, Isabel Domínguez. A concelleira informa que os pouco máis de 10 mil euros anuais que o Concello aporta a esa administración, lévanlle reportado ao municipio case 300 mil euros só en proxectos de desenvolvemento rural (PRODER) nos últimos catro anos. Por outra banda, sinala que a actitude do actual rexedor baionés, o popular Jesús Vázquez Almuíña, non é de feito "un exemplo en materia de exercicio democrático do poder e moito menos fai gala dunha política de consensos á hora de gobernar."

Baiona aporta 0,9 euros por habitante ao ano, á Mancomunidade de Vigo. De feito, a derradeira contribución foi de 10.881,90 euros, informou Domínguez. A relación custe beneficios sería por se suficiente para botar por baixo o argumento dos populares: algo máis de 40.000 euros en catro anos a cambio de programas de desenvolvemento rural e fomento do emprego que achega a administración mancomunada que suman un beneficio amplamente superior aos veciños de Baiona.

Máis a portavoz socialista entende que a maior das contradición dos populares está en rexeitar a forma de xestionar de Abel Caballero, ao que acusan de "pouco disposto aos consensos", mentres a actitude do PP  e do alcalde de Baiona no goberno local é " déspota, antidemocrático y con nula capacidad de negociación."

Nese senso, Isabel Domínguez afirmaba esta mañá no seu perfil na rede Facebook que Vázquez Almuíña " No convoca las Comisiones Informativas solicitadas por los concejales de la oposición (pese a ser obligatorias), no nos da traslado de las invitaciones de las asociaciones locales, no nos informa de las visistas oficiales de nuestros representantes políticos, nos niega la palabra en las reuniones de vecinos, o nos interrumpe en el salón de plenos. No nos facilita la información que solicitamos y a la que tenemos derecho legal, modificó la periocidad de los plenos y nos quitó el mensual para ponerlo bimestral, sin convocarnos a la junta de portavoces. Incluso llegó a subir el salario a sus concejales y a contratar a una exconcejal sin formación alguna como asesora por 1.200.-€ al mes sin llevarlo a Comisión Informativa. "

A portavoz do PSOE é consciente de que a moción de retirar a Baiona da Mancomunidade será aprobada no vindeiro pleno do xoves 1 de decembro. Os populares contan con 10 concelleiros nunha corporación de 17 edís. Nembargante, a concelleira sinala que os veciños de Baiona serán os que sufrirán as consecuencias negativas desta decisión. "Onde vai a solucionar Almuíña o problema do transporte metropolitano se non se pode sentar a dialogar co alcalde de Vigo?", preguntou no diálogo mantido con esta Redacción. Ou con "quen vai coordinar os servizos de bombeiros, hoxe dependentes de Vigo, logo que o alcalde decidise desmantelar o GRUMIR do Val Miñor?"

Para Isabel Domínguez, o argumento dos populares de reorientar esperanzas e esforzos no actual proxecto de Lei da Área Metropolitana de Vigo para solucionar eses temas,   é do mesmo xeito de escusas que utilizaron para desmantelar o GRUMIR. Daquela o fixeron " para instalar un servizo de bombeiros, que non se sabe cando, con que nin como chegará á bisbarra", opinou Domínguez.