Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Brigadas e medios aéreos combaten un lume de grande intensidade en Malvas, preto do monte Aloia.

Brigadas e medios aéreos combaten un lume de grande intensidade en Malvas, preto do monte Aloia.

Correo-e Imprimir PDF
tebra aloia

-Un lume de gran intensidade desátase desde ás 15: 55 horas detrás da Paraguda en Malvas, preto do Monte Aloia.
-A zona rexistra a terceira xornada con lumes iniciados en distintos focos , na veciña parroquia de Peitieiros que leva consumidas próximo a 30 hectáreas.

Outro lume de gran intensidade desátase detrás do monte da Paraguda e a parroquia de Malvas (Tui), preto do parque natural do Aloia. O mesmo tivo inicio ás 15:55 horas deste luns 16 de setembro e traballan na extinción 7 avións, 6 helicópteros, 5 axentes forestais e 13 brigadas co auxilio de 2 palas, e 8 autobombas.
A zona da Paraguda
A zona do monte da Paraguda en Peitieiros (Gondomar) soporta lumes desde a noite do sábado . Sobre as 23 horas tivo inicio un foco no camiño vello de San Xián á Paraguda. Segundo veciños de Peitieiros o lume do sábado 14 comezou no río Touteiras, na cabeceira, por riba de onde xa ardera, até o lugar coñecidos como O Viveiro Vello. O lume, paralelo á pista do Aloia, afectou a Peitieiros, mais tamén a Malvas. Os traballos de extinción onde participaron axentes das brigadas da Xunta co auxilio de comuneiros de Peitieiros e Malvas, remataron sobre as 22:25 horas do domingo.
A cousa non rematou alí. Na mañá deste luns unha pequena "illa verde" entre as zonas queimadas , no lindeiro entre Morgadáns e Peitieiros tamén ardeu, sendo controlada por membros da CC de MM de Peitieiros. Estimacións da Xunta de Galicia sinalan un mínimo de 26 hectáreas consumidas polo lume nos incendios da fin de semana en Peitieiros.