Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Entrevista á CCMM de Couso: Ante o lume e a falta de xestión da Xunta “o único que nos queda é rezar”.

Entrevista á CCMM de Couso: Ante o lume e a falta de xestión da Xunta “o único que nos queda é rezar”.

Correo-e Imprimir PDF
xose-anton-couso

"O único que nos queda é rezar ", asegura Xosé Antón Araúxo, presidente da Comunidade de Montes de Couso, tras consultarlle sobre o futuro próximo dos montes da bisbarra, asolados por unha cadea de incendios nos últimos quince días. O comuneiro tras dar conta das deficiencias da Xunta de Galicia na súa política de xestión na materia, denuncia que aínda esta administración non deu os permisos para que as comunidades podan comezar os traballos de limpeza e desbroce para o que foron outorgadas subvencións previas ao verán. Axudas das que aínda as comunidades tampouco ten cobrado nada e que deberon permitir ter rematadas as tarefas de prevencións contra o lume antes de chegada da tempada estival.

Para coñecer a fondo esta realidade que afecta aos nosos montes de cara a súa xestión e a política de prevención de incendios forestais a cargo da Xunta de Galicia, Gondomar Tv e Valminor.info entrevistaron a Xosé Antón Araúxo, presidente da CCMM de Couso, quen achegou o parecer dos comuneiros sobre os por que desta cadea de desastres, e que presentamos no seguinte vídeo.

Entrevista a CCMM de Couso

Dim lights Embed Embed this video on your site