Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A folga xeral do 14-N deixa a súa pegada no Val Miñor.

A folga xeral do 14-N deixa a súa pegada no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
14N
P1080267 (Copiar)
P1080259 (Copiar)
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

- Por primeira vez na historia tivo lugar unha concentración de traballadores e veciños no Val Miñor durante unha folga xeral.

- A Garda Civil e a Policía Local de Nigrán seguiron o acto sen producirse incidentes.

- Os piquetes miñoranos obteñen o peche de Gadis, Día e a Piscina Mancomunada tras dialogar cos traballadores.

Próximo a 150 persoas concentráronse na Ramallosa en respaldo á folga xeral desta xornada. Logo da lectura do manifesto da convocatoria, varios piquetes informativos percorreron a zona baixo vixilancia de membros da Garda Civil e a Policía Local de Nigrán. Sen que se producisen incidentes, varias tendas dos centros comercias "Ramallosa" e "A Romana" decidiron pechar ao paso dos piquetes incluídos os supermercados Gadis, Dia e a Piscina Mancomunada. A xornada foi cualificada como "histórica" polos participantes ao tratarse da primeira concentración deste tipo no Val Miñor dende a transición democrática.

Sobre as 5 da tarde comezou a lectura dun manifesto no que denunciaban as políticas de recortes do goberno de España e a Xunta de Galicia, as que aseguraron "non fan máis que medrar as cifras do paro e destruír o Estado do Benestar". Sobre as 19 horas constituíronse piquetes informativos que dirixíronse cara aos centros comercias "Ramallosa" e "A Romana". A mobilización era seguida de cerca por membros da policía local e a Garda Civil sen que tivesen lugar incidentes.

A seu paso polos centros comerciais, os piquetes ían falar cos traballadores obtendo na maioría dos casos o peche dos mesmos co compromiso de non abrir polo que quedaba da xornada de folga. Nese senso, as dous superficies maiores da zona, Gadis e Día, baixaron cortinas logo dun diálogo entre o piquete sindical e as traballadoras. O mesmo sucedeu no caso da Piscina Mancomunada do Val Miñor, xestionada pola empresa Ocio.

Se ben ao peche desta nota non hai datos oficias do seguimento da folga na bisbarra, fontes sindicais informaron que durante este xoves irán achegando datos das mesas de persoal constituídas nos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. Os únicos datos obtidos durante a xornada de folga provino da mesa de persoal do Parador de Baiona, que estimou o seguimento no 25% do persoal. Unha adhesión "esperable" segundo fontes sindicais, dado que o persoal sufriu xa dous días de descontos en novembro polo conflito do sector é lle esperan catro xornadas máis de folga previstas para os meses de decembro e xaneiro.

Os sindicatos falan "dunha xornada histórica" para o Val Miñor

A concentración desta tarde "foi histórica", asegurou o membro de CC.OO e EU-Gondomar, Jorge Carneiro. "Por primeira na historia xuntáronse nun acto común traballadores e veciños do Val Miñor nunha xornada de folga xeral logo das tradicionais mobilizacións en Vigo". Valoración que compartiu Bruno Centelles, membro de ANOVA-Nigrán e mestre de ensino público quen salientou a importancia de que tamén na bisbarra tivera lugar unha mobilización nunha folga xeral das características desta a nivel de todo o país.

Ambos os dous traballadores salientaron o feito de que a convocatorio se fixo con pouco tempo para preparar a súa difusión na bisbarra. De feito, a mesma partiu dende a coordinadora de EU no Val Miñor, de carácter aberto a tódalas organizacións e persoas que quixeran sumarse. Nembargante, Jorge Carneiro amosou a súa satisfacción para o que foi unha "primeira experiencia comarcal", que deberá mellorarse para que cara en diante teña un carácter máis amplo. Nese senso salientou a importancia da Ramallosa como punto de encontro dos tres concellos miñoranos, aínda que non descartou a posibilidade de actividades tamén en cada un dos concellos da bisbarra.