Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O SXG convoca a todos os traballadores da comunicación, tamén aos da prensa escrita, á folga xeral este mércores

O SXG convoca a todos os traballadores da comunicación, tamén aos da prensa escrita, á folga xeral este mércores

Correo-e Imprimir PDF
folga

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) chama a todos os traballadores do sector da comunicación a secundar á folga xeral deste mércores, 14 de novembro. O SXG destaca que por vez primeira tamén os asalariados dos diarios en papel están convocados ao paro o mesmo día que o resto de proletarios, e non un día antes, como sucedeu nos anteriores paros xerais.

 

Convocatorias para informandores nas manifestacións

A central salienta pois que cómpre deixar de traballar entre as 00 e as 24 horas do día 14 e participar activamente nas manifestacións unitarias que están convocadas na comunidade levando as comisetas e bandeiras do SXG. De cara á participación nas manifestacións unitarias programadas, o SXG chama a todos os compañeiros a participar conxuntamente, tendo artellado dous lugares de encontro antes de sumarse ás protestas comúns:

Santiago: ante a oficina de Caixa Galicia da Praza Roxa ás 11:45 horas.

Vigo: Xunto ao quiosco de prensa da Praza de España ás 11 horas