Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Miguel Quinteiro, en liberdade condicional, prevé retornar ao Val Miñor o vindeiro domingo pola mañá.

Miguel Quinteiro, en liberdade condicional, prevé retornar ao Val Miñor o vindeiro domingo pola mañá.

Correo-e Imprimir PDF
Miguel liberado

 

-Valminor.info conversou esta tarde con Miguel Quinteiro.

- O 25-S só quería entregar un documento escrito aos parlamentarios.

-A policía demorou 5 horas en permitir que recibira atención médica.

-"Menos mexar enriba de nós e poñernos capucha, fixéronnos de todo".

Miguel Quinteiro se encontra ben,  co brazo "fodido" pero con moitas gañas de retornar a súa casa na parroquia de Donas. Así o relatou este mediodía  nun contacto telefónico con Valminor.info, onde ratificou que levará adiante xunto cos outros detidos nas mobilizacións do 25-S,  unha denuncia por  malos tratos contra a policía. Aínda que molesto pola "personalización" da cobertura -"outros a pasaron peor", non cansa de dicir- aceptou dialogar co este medio ao que confirmou que a fiscalía quere facelo responsable de resistencia e un delito contra las institucións do Estado, pola súa sentada ás portas do Congreso.

Só quería entregar un documento escrito aos parlamentarios.

Quinteiros conta que só quería entregar un documento escrito ás autoridades parlamentarias. De feito, manifesta que falou coa garda policial das súas intencións momentos antes de desatarse a represión. Como non foi posible, sentouse xunto cos outros miles de manifestantes, á espera de ter ese contacto. "Usted se lo buscó", dixéronlle os policías mentres o arrastraban pola rúa. Quinteiros agradece a presenza dos reporteiros de prensa no lugar da detención, o que fixo que os gardas aplacasen a súa a violencia do procedemento.

"Menos mexar enriba de nós e poñernos capucha, fixéronnos de todo".

Co brazo doído pola malleira, Quinteiro foi atendido por unha unidade de emerxencia unha hora despois da detención. O persoal sanitario ordenou que fora trasladado de urxencia a un centro médico co fin da atenderllo. Pero, segundo relata Quinteiro, a policía demorou 5 horas en levalo.

As primeiras tres horas na comisaría de Moralataz, os 35 detidos estiveron nunha cela de 3 por 3 metros. Cara á parede, de pé, sen poder ir ao baño, nin beber auga, os detidos berraban por un trato humanitario. Quinteiro denuncia que pola contra, "Menos mexar enriba de nós e poñernos unha capucha, fixéronnos de todo".  Aínda neste contexto, Quinteiro lembra que comezou unha cantiga do país, á que os outros detidos uníronse. "Ata algún contestoume en galego, polo cal estimo que había polo menos un galego máis entre os detidos", comenta.

Nese escenario, ao que o militante cualifica como propio da "cárcere de Guantánamo", lembra que a actitude solidaria de tódolos represaliados reconfortoullo. "Non tíñamos auga para beber, nin papel hixiénico, pero ningún dos compañeiros detidos tivo unha actitude violenta cos policías".

A volta a Donas

Se non o reteñen pola causa xudicial ou por pedido dos membros de Attac -organización á que pertence Miguel Quinteiros- pensa saír a noite do sábado cara o Val Miñor, a fin estar na súa terra o domingo pola mañá. Unha avogada posta pola organización do 15-M, está pendente da súa situación legal. Ao mesmo tempo, informa que presentou unha denuncia polo trato recibido no transporte e na propia comisaria. "Parece que iso vai chegar á comisión antitortura da UE", adiantou.

Retomando folgos nunha casa de Madrid, Quinteiro prepara a volta. "Entendo que sodes un xornal da comarca, pero non me gusta nada que se personaliza en min, isto é unha loita de moitas persoas". O conversa rematou porque a pesares da vontade de Quinteiros, dende a mañá non deixa de recibir chamadas dos medios galegos para coñecer a súa situación.