Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Miguel Quinterio (Donas) quedou en liberdade xunto co resto dos detidos no 25-S

Miguel Quinterio (Donas) quedou en liberdade xunto co resto dos detidos no 25-S

Correo-e Imprimir PDF
2012-08-19 IMG_2012-08-12_02.16.35__8068962

Todos os detidos no 25-S quedaron en liberdade con cargos de atentado e resistencia á autoridade, así como do delito contra as institucións. Entre os liberados atópase, Miguel Quinteiro (Donas), de 72 anos, que saíu dos xulgados de Praza Castela co brazo vendado e en cabrestillo. Dos 35 arrestados nesa xornada, só un permanecerá en prisión provisional.

 

Os avogados que levan os casos dos 35 arrestados anuncian a presentación dunha denuncia colectiva na que esixirán responsabilidades polas condicións nas que se produciron as detencións e o maltrato policial.

"Sufrimos unha humillación tras outra, pero é incrible a camaradería que se crea aí dentro", declarou Miguel Quinteiro aos xornalistas de Público, á saída do xulgado. No momento da súa detención -explicou- estaba sentado no chan, cando lle agarraron entre varios axentes polo brazo e arrastráronlle. "Retorcéronmo e provocáronme unha dor terrible", asegura.

Quinteiros, a quen lle acusan de pegar unha labazada a un axente e de tratar de quitarlle a porra, é membro do colectivo Attac e da Plataforma por unha Banca Pública, e foi a Madrid dende a parroquia de Donas (Gondomar) expresamente para participar na manifestación. "Decidín vir porque quería protestar fronte ao Congreso polas medidas que está levando a cabo este Goberno", manifestou ao xornal Público.