Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A xustiza ampara ao xornalista de La Voz de Galicia no Val Miñor agredido en Oia.

A xustiza ampara ao xornalista de La Voz de Galicia no Val Miñor agredido en Oia.

Correo-e Imprimir PDF
hotal costa_verde

-A sentenza senta un precedente importante na defensa da actividade xornalística e o amparo de vítimas de agresión sen a presenza de testemuñas.

A xustiza amparou ao xornalista Alejandro Martínez, ex corresponsal de La Voz de Galicia no Val Miñor, e condenou por maltrato ao agresor que lle insultara e estragara a cámara fotográfica mentres desenvolvía as súas tarefas cubrindo unha noticia, o pasado mes de decembro no concello de Oia. Condenado a pagar a reparación do aparello e os custes do xuízo, o responsable deberá cumprir unha pena de 3 días de localización permanente.

A sentenza da xuíza María de la Luz Álvarez Lagarón, senta un precedente importante no amparo da actividade dos xornalistas, nomeadamente ao valorar o testemuño do traballador como "hábil para desvirtuar la presunción constitucional de inocencia", na medida que aínda que os feitos se producisen sen outras testemuñas que os involucrados no proceso, a verosimilitude da declaración da vítima resultou suficiente para fundamentar a sentencia condenatoria.

Nese senso, Alejandro Martínez animou aos colegas vítimas de agresións no desempeño da profesión "a non deixar pasar esas cousas aínda que non existan testemuñas no momento, porque sempre hai forma de demostralo".

A sentenza do Xulgado de Tui con data 26 de xullo de 2012, nos seus fundamentos de dereito, sinala a coherencia da testemuña do xornalista durante o xuízo e sinala a "carencia de ambigüedades o contradicciones respecto de los relatados en el momento de efectuar la denuncia", seis meses atrás, por parte de Martínez. Pola contra, a testemuña presentada polo agresor "su declaración contiene ciertas contradicciones", que deron lugar á desestimación da mesma por parte da maxistrada Álvarez Lagarón.

Alejandro Martínez, quen se presentou sen avogado ao xuízo, manifestou a súa conformidade coa resolución xudicial e aínda que a mesma podería ser apelada, a valorou como moi positiva de cara á defensa e amparo da función informativa.