Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Misa comarcal en Vigo en memoria de Manuel Fraga.

Misa comarcal en Vigo en memoria de Manuel Fraga.

Correo-e Imprimir PDF
fraga-manuel

O PP de Pontevedra dispuxo a celebración de catro misas en memoria de Manuel Fraga nas principais áreas comarcais da provincia. Os militantes e dirixentes do PP do Val Miñor están convocados a participar da misa funeraria a celebrarse o vindeiro luns 22 de xaneiro ás 19 horas na Colexiata de Santa María en Vigo.

 

O presidente provincial, Rafael Louzán, informou que as mesmas ten por obxectivo que os pontevedreses que non poidan asistir ao funeral oficial que terá lugar o próximo sábado na Catedral de Santiago podan despedirse do que se considera " o pai do PP" nas misas que se oficiarán en Lalín, Cambados, Pontevedra e Vigo e nos que está previsto que acudan os alcaldes dos concellos veciños.

Louzán destacou ademais a estreita vinculación de Manuel Fraga con todos os pontevedreses, "desde as xentes do mar ás do interior que este días amosaron o seu máximo respecto e cariño polo que foi o presidente da Xunta de Galicia".