Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O transporte público quedará paralizado no transcurso da folga asegura a CIG.

O transporte público quedará paralizado no transcurso da folga asegura a CIG.

Correo-e Imprimir PDF
Serafín Otero aseguro que o transporte só cumprirá có servizo mínimo.

Se ben as empresas que fan o servizo de transporte público na comarca afirmaron que as quendas serán as normais durante a folga xeral a Confederación Intersindical Galega (CIG) asegurou a Valminor.info que controlarán que todo o movemento se reduza aos servizos mínimos. Serafín Otero, secretario xeral da CIG para a bisbarra de Vigo, explicou que por servizo mínimo enténdese tamén os autobuses que fan o servizo escolar. Consultado sobre a información que as empresas habían formulado na tarde de hoxe, Otero respondeu "unha cousa é o que digan e outra cousa o que podan facer".

Otero deixou claro que o sindicato controlará a paralización e o cumprimento dos servizos mínimos fundamentalmente no interior e o perímetro de Vigo. A central conta cunha representación maioritaria no comité de empresa de VITRASA. De feito dende hai varios días na páxina web da empresa figura a información dos servizos mínimos para o día 27 e varias suspensións e modificacións de rutas.

En relación ás espectativas de adhesión, Serafín Otero dixo ter información proveniente dos sindicatos que lle permiten asegurar que o seguimento na industria naval será total ao igual que no transporte. Tamén se prevé unha gran repercusión no sector da automoción coa salvidade de Citröen da que non habían chegado datos.