Mércores, 8 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Folga xeral: Servizos mínimos para o Concello de Gondomar.

Folga xeral: Servizos mínimos para o Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
WebFolgaXeral.thumbnail

A mesa sindical do Concello de Gondomar onde é maioría a Confederación Intersindical Galega (CIG) participará da folga xeral convocada para mañá 27 de xaneiro pola central nacionalista. Dende hai tempo o comité da CIG ven informando aos funcionarios da administración dos fundamentos da convocatoria, polo que se espera unha boa resposta. A mesa tamén dispuxo un conxunto de medidas para dotar de servizos mínimos ao concello.

Servizos mínimos no axuntamento de Gondomar.

Segundo o informado pola mesa sindical de funcionarios do Concello de Gondomar mañá un funcionario cubrirá o Rexistro do Concello. Tamén un membro do persoal do municipio estará na praza de abastos para asegurar o normal abastecemento de alimentos.

Recollida do lixo.

Tamén se asegura un condutor e dous peóns por camión na recollida de lixo no casco urbano de Gondomar e no resto das parroquias por parte da empresa privada, segundo o informado polo comité do Concello.