Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O plan de Vivenda prevé construír 1950 vivendas en Nigrán e 203 en Gondomar

O plan de Vivenda prevé construír 1950 vivendas en Nigrán e 203 en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda

O novo plan sectorial de vivenda pública proposto pola Consellería de Vivenda prevé a construcción de 1950 vivendas en Nigrán e 203 en Gondomar. A primeira actuación terá lugar na finca da Rabaleira na Ramallosa.

Intervención pública no mercado para controlar os prezos e facilitar o acceso das familias a unha vivenda. Ese é o obxectivo que persegue a Xunta coa posta en marcha do Plan Sectorial de Vivenda Protexida na Área Funcional de Vigo, que prevé construír en cinco anos 12.155 pisos a prezos limitados no sur da provincia. Máis da metade, 7.500, edificaranse na cidade olívica, e a este primeiro grupo sumaranse outros 1.875 ata o ano 2017, data de conclusión dun ambicioso programa que nos próximos oito anos pretende urbanizar no municipio 1,5 millóns de metros cadrados de chan e poñer no mercado 9.375 inmuebles a prezos limitados.

Continúa na Faro de Vigo