Agora sí, quénes son os responsables deste problema xa é unha circunstancia que se dilúe máis.
O caso da parcela dos Tendais reservada para vivenda protexida é un caso significativo de como unha unha serie de decisións políticas poden condicionar a economía dunha localidade.
Desde que se constituiu a xunta de compensación dos Tendais ata hoxe pasaron máis de sete anos, tempo dabondo como para que influiran nela tres gobernos diferentes. Nun principio foi o goberno de Manolo Vilar, daquela no PP, quen iniciou os trámites de urbanización, logo pasou o pacto PSOE-BNG que inaugurou a mesma e o goberno de Almuiña somentes puido ter influenza no campo do Aral e na parcela anteriormente mencionada.
A vixente Lei do Solo establece unha reserva mínima do 10% da edificación total para vivenda en réxime de protección. A pregunta que nos pode asaltar nestes momentos é: ¿e logo onde está esa porcentaxe no caso doutras urbanizacións? Fácil resposta, o Concello vendeuda co beneplácito do IGVS e os baioneses nos quedamos cun Concello saneado nas contas (e iso aínda é dubidable) pero con un claro déficit de vivenda protexida.
|
¿Cómo se pode desbloquear entonces isto? Caben varias posibilidades:
- Que algunha das partes ceda, ou o Concello permite que se constrúan vivendas protexidas ou a Consellería de Vivenda permite un uso dotacional. A posibilidade é remota, porque estamos a falar de políticos, que dificilemente dan o brazo a torcer.
- Permutar o terreo. Quer dicir, que se permita un uso dotacional na parcela a cambio de incrementar edificación nunha futura urbanización.
- Un termo medio. Nos consta que se falou na campaña electoral dalgunha fórmula mixta, pero que non se concretou adecuadamente.
En conclusión, Baiona ten un grave problema de acceso á vivenda, sexa en réxime de propiedade ou de aluguer e, tendo solo para construir, os políticos fican ineficaces ante a situación. Noutros lugares xa se estarían revolucionando os colectivos veciñais, pero como en Baiona non hai, a descoordinación permite que os políticos poidan pasear a súa ineptitude con total impunidade.