Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Curuto do corvo

Curuto do corvo

A guerra dos botóns

Correo-e Imprimir PDF
La guerre des boutons.Nos seus últimos anos de vida, meu tío-avó Nilo gustaba de lembrar andanzas xuvenís. Recordaba as batallas a cantazos cos encarnizados inimigos da aldea veciña, os odiados rapaces e rapazas de Cancelas, que así se chamaba, e chama, o lugar. Narrábaas cun entusiasmo pouco disimulado. Lembraba como mexaban por riba das fillas da señorita cando pasaban polo fondo da congostra e como untaban cos excrementos que entre todos producían a caravilla da cancela que daba acceso á casa do cura.

Eléctricas Ilusións

Correo-e Imprimir PDF

Matinaba eu, nunha tardiña soleada de primeiros de febreiro, en chegar á casa e poñerme con certas cousiñas atrasadas. Corrixir algúns exames, preparar algunhas clases e redactar algún que outro escrito reiterada e intencionadamente posposto. Mais non puido ser. Non había luz.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL