Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Curuto do corvo

Curuto do corvo

O mercado de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

mercado-sabaris-varelaHai artigos xornalísticos que teñen a calidade de empurrarnos á reflexión. Por riba, a solidez da información fai que sobrevivan ao paso do tempo, mantendo vixencia a case unha década da súa escrita. É o caso deste texto do historiador Carlos Méixome sobre "O mercado de Sabarís", que Valminor.info rescata, con autorización do autor, e convida á súa lectura nun momento onde a vida deste histórico punto de encontro da bisbarra navega con ventos arremolinados.
Ao parecer non é a primeira vez...

(Álvaro Peralta / Redación)

Despachos

Correo-e Imprimir PDF

O estrambótico Mourinho xustificou a eliminación da Copa de Europa, como lle dicían nos meus tempos mozos, e quedar segundo no campionato aducindo que o Barça pasou á final e gañou a Liga nos despachos. Era o último foguete dunha abastada serie de insinuacións, medias verdades e falsidades enteiras, supoño que consentidas pola directiva do club, para deslexitimar os triunfos do contrario. E todo por non querer recoñecer que o “outro” foi mellor sobre o terreo de xogo que é onde se dirimen estes asuntos. Iso si coas súas “boutade”, aquí empregamos verbas menos finas, e as súas estrafalarias “misse en scene” convenceu a moitos e excitou o espírito patriótico dos seareiros madridistas.

Leite e merda! Merda e leite!*

Correo-e Imprimir PDF

Estas sonoras, breves e rítmicas verbas pronunciábaas, brusca e reiteradamente, Burt Lancaster, tras terrado á Toscana e transmutado en Alfredo Berlinghieri mentres, na ampla e limpa corte con ducias de mansas vacas rillando na herba seca, enzoufaba os seus níveos e señoriais pes na bosta fresca e munguía, sen xeito, as inchadas ubres vacúas para deitar unhas pingas de leite sobre o seu rostro impuro antes de ceibar todo o gando e afogarse nunha corda pendurada dunha trabe para cumprir o guión dos irmáns Bertolucci en Novecento. O vello Berlinghieri tiña merda no cerebro. Tan merdento era que anuncioulle a súa morte suicida aos seus moitos criados e fixo que o vello Dalcó tivese que traballar, aínda máis, xuntando as reses que el ceibara. Era no encete do século pasado iniciado coa morte de Verdi. El, como Otero Pedrayo, era un home do século pasado.

O home das chinelas vermellas

Correo-e Imprimir PDF
Os zapatos do Papa

Baixou do ceo envolto en seda e púrpura coas súa chinelas vermellas. Asistiu a un dispendio económico e a un fracaso de público. Deitou palabras terribles sobre o laicismo agresivo e retrotraeuse a tempos de traxedia. Seica dixo, desculpaban algúns, esas verbas féridas nunha conversa informal cos xornalistas. Aínda peor, ben sabemos que cando se bota a lingua a pacer brotan os pensamentos do fondo da alma. Os lapsus linguae dos que falaba Freud.

¡Memoria! ¿Que memoria?

Correo-e Imprimir PDF
Agustín Villafines González, tiña 36 anos, no mes de xullo de 1936, estaba casado, era natural e veciño de Baiona, albanel de profesión e Tenente de Alcalde, en funcións de Alcalde, na altura daquel fatídico mes, daquel tráxico ano. Uns días despois do golpe militar-fascista, o 1º de agosto, preséntase voluntariamente ante as autoridades militares ao considerar que nada debe temer. Equivocouse.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL