Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Curuto do corvo

Curuto do corvo

Carlistas no Miñor

Correo-e Imprimir PDF
José Arias Teixeiro, segundo un gravado de B. de ArtágenEse outro día visitei na súa casa da Ramallosa a Adolfo Rego Pérez. Un falangueiro mozo que hai tempo deixou atrás as oito décadas mentres coida con suma atención da súa esposa tristemente enferma e ordena reiteradamente unha abondosa biblioteca.

Insisto: un concello para o Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Hai xa algún tempo, o 23 de abril de 2006, na compaña de Xosé Lois Vilar, publicabamos, nas páxinas do Faro de Vigo, un artigo no que defendiamos, sen disimulo, a conveniencia da agrupación dos tres concellos do Miñor. Aduciamos razóns históricas, prácticas, económicas, organizativas,... ou simplemente de “sentido común”. A proposta resaltaba a necesidade e oportunidade de cando menos iniciar un debate sobre a pertinencia, ou non, dun só concello no Miñor. Relido o texto coidamos que non perdeu actualidade fóra dalgún asunto puntual.

Sobre a propiedade absoluta

Correo-e Imprimir PDF

O concepto de propiedade variou moito ao longo da historia. Mesmo houbo tempos nos que os seres humanos podían ser propiedade doutros seres humanos e ao mesmísimo Aristóteles semelláballe do máis razoable. Durante séculos a propiedade estivo vinculada a unha institución, fose esta unha abadía, un título de nobreza ou outros entes xurisdicionais. A revolución agraria de comezos do XIX e o seu corolario que coñecemos como revolución industrial empurrou con forza o concepto de propiedade privada capitalista.

As flores da memoria

Correo-e Imprimir PDF

Placa do monumento aos Nove de BaredoAndei estes días acompañando por algunhas horas ao profesor Fernando Rosas na súa visita a Tui, Vigo e Baiona. Os seus traballos posúen unha grande importancia para o coñecemento do Estado Novo, tanto polas obras de referencia sobre o período por el escritas ou dirixidas (Salazar e o Salazarismo (dirección), 1989, Estado Novo, 1994, Dicionário de História do Estado Novo (dirección), 1995-96  ou Portugal Século XX. Pensamento e Acção Política, 2004) como polo labor director do Instituto de História Contemporânea , fundado en 1990, é integrado polos docentes de Historia Contemporánea do Departamento de Historia da FCSH , ou pola orientación que prestou a numerosos investigadores.

Coidar a facenda

Correo-e Imprimir PDF
B.C. Ponte de Mañufe. Sempre que iamos de festa acontecía o mesmo. Aló pola media tarde, meu tío-avó  Nilo erguíase e anunciaba a nosa marcha. As mulleres da casa na que estabamos convidados comezaban  a súa rutineira oferta de cuartos e camas que era contundentemente rexeitada cun definitivo “temos que coidar a facenda”. Unha vez máis alá se ían as miñas ilusións de compartir unhas horas máis cos da miña idade.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL