Sábado, 7 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Nigrán Detido e a xuízo tras unha pelexa con lesións na discoteca da Ramallosa.

Detido e a xuízo tras unha pelexa con lesións na discoteca da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

Piden cárcere para o acusado de romper o nocello a unha persoa durante unha pelexa na popular discoteca de Nigrán Ramallosa 2000. O fiscal solicita, ademais, que indemnice en 7.680 euros á vítima polas lesións e secuelas

Un altercado na discoteca Ramallosa 2000 en Nigrán, leva ante a xustiza a un mozo acusado de romper o nocello a un cliente dunha patada.

Unha lesión da que a vítima tardou en curar 87 días e da que lle retan secuelas trala intervención quirúrxica. A Fiscalía impútalle un delito de lesións e solicita para o acusado a pena dun ano e seis meses de prisión, así como que indemnice ao ferido con 7.680 euros prol as lesións sufridas e polas secuelas.

Os feitos tiveron lugar o 3 de novembro de 2013. O xuízo, que ía celebrarse onte no Xulgado Penal 1 de Vigo, suspendeuse, segundo deuse conta esta mañá ao medios.