Domingo, 6 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Aplazado o acordo para pasar os plenos de Nigrán ás oito da tarde

Aplazado o acordo para pasar os plenos de Nigrán ás oito da tarde

Correo-e Imprimir PDF
Pleno de Nigrán

Unha moción presentada por UCN pedía pasar ás 20 horas o inicio dos plenos de Nigrán, a mesma hora que tiñan antes do inicio do mandato de Alberto Valverde que mudounos para as 10 da mañá complicando a asistencia da veciñanza.

Como adiantara VM.info, os 6 concelleiros do PSOE apoiaban a medida. Cando o tema entrou a debate, Xavier Rodríguez, edil do BNG pediu cambiar a hora de inicio ás sete da tarde. Segundo o portavoz nacionalista.  sería mellor hora "para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e"evitar plenos que rematen as 12 da noite". A rebaixa dunha hora foi aceptada por UCN pero non polos socialistas que expuxeron de primeiras a traba que supuña para unha das súas corporativas que non podería asistir aos plenos se se tomase esa decisión, e entendían que complicaba a asistencia da veciñanza que traballa polas tardes con horario de saída ás 20h.

A pesar da falta de acordo sobre a hora, UCN, BNG e mais o edil Ignacio Vilas decidiron levar a moción a votación coa enmenda de comezar os plenos ás 19 horas. O PSOE solicitou deixar o punto sobre a mesa para o próximo pleno e estudar con máis tempo o horario de inicio, proposta que foi apoiada polo PP, polo que as futuras sesións seguirán no horario matutino das 10 da mañá.