Mércores, 6 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O vindeiro xoves podería ser o último pleno de Nigrán a celebrarse en horario da mañá.

O vindeiro xoves podería ser o último pleno de Nigrán a celebrarse en horario da mañá.

Correo-e Imprimir PDF
pleno nigran preferntes 2013

Nesa sesión a Unión Centrista de Nigrán (UCN) presentará unha iniciativa de acordo para que as mesmas teñan lugar ás 20 horas. O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) defenderá a proposta co xeito de "facilitar a asistencia aos veciños interesados en participar nas sesións plenarias". De contar co apoio do resto da oposición o oficialismo que goberna en minoría non podería evitar o troco. Dos nove concelleiros opositores, seis integran a agrupación socialista (en principio favorable á medida segundo fontes do sector), un ao BNG, un da UCN (que presenta a iniciativa) e mais o non adscrito Ignacio Vilas.

Defende Fernández que a medida conseguirá dar maior facilidade aos veciños, que "ultimamente non poden acudir por motivos laborais ou doutra índole, ás sesións plenarias, facilitando e dando así unha maior participación e transparencia na xestión dos asuntos que son sometidos a debate no pleno da corporación, para un mellor coñecemento dos cidadáns, recollendo desta forma o sentir expresando por moitos veciños afectados e que nos trasladaron as súas inquietudes".