Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Fernández Comesaña nega ser o responsable dos procedementos xudiciais contra o Concello de Nigrán.

Fernández Comesaña nega ser o responsable dos procedementos xudiciais contra o Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) rexeita as acusacións vertidas polo alcalde Alberto Valverde o pasado fin de semana, de ser causante e copartícipe en tres procedementos xudiciais entaboados contra o concello. Fernández sinala nun comunicado que a súa responsabilidade cando ocupaba o cargo de concelleiro de Servizos Urbanos e infraestruturas de Nigrán, só deu conformidade" a algunha das facturas reclamadas e que non foron pagadas no seu día".


"Declaracións realizadas de mala fe", puntualiza Fernández, "xa que o Sr. Valverde sabe ou debería saber, que os concelleiros non teñen competencia na aprobación de gastos nin na ordenación de pagos, competencia exclusiva do alcalde, e que si este non ordena o pago dunha factura conformada por un concelleiro, non pode pretender derivar a súa responsabilidade noutros, como tampouco pode facelo sobre os funcionarios que tamén conforman as facturas".
"Ou é que pretende responsabilizar tamén aos concelleiros do seu goberno que asinan facturas e que logo el como alcalde non paga? O seu delirio é moi preocupante", remata o edil da UCN.