Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán #Nigrán: A Cabreira e Vilariño xa non quedarán incomunicados nos días de choiva.

#Nigrán: A Cabreira e Vilariño xa non quedarán incomunicados nos días de choiva.

Correo-e Imprimir PDF
camino pouton nigran
obras-pouton
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A veciñanza da Cabreira e Vilariño en San Pedro da Ramallosa xa non terá que sufrir as travesías polo lamacento camiño nos días de choiva. O Camiño de Poutón está a ser acondicionado coa instalación dunha rede pluvial  que conducirá as augas e así evitará as temidas inundacións. A obra valorada en 21 mil euros tamén rematará a pavimentación truncada en abril de 2011 tras o conflito entre a administración local e a A.V A Unión de San Pedro da Ramallosa.

Un confronto político- veciñal demorou tres anos a obra.

A mellora  concrétase tras anos de reclamos e conflitos entre a anterior administración socialista e a AV “A Unión” de San Pedro da Ramallosa cando era presidida polo ex edil do PP, José Álvarez. Confronto que impediu daquela rematar  o asfaltado do camiño que estaba incluído no Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra de 2011. As obras de pavimentación foron detidas en abril dese anos cando membros da asociación que dirixía Álvarez “chegara a facer barricadas no Camiño de Poutón e así impedir a empresa COVSA facer o seu traballo”, segundo denunciara o edil Juan González (PSOE).

 A pesar que Álvarez asumiría a concellaría de Vías e Obras no actual goberno, durante a súa xestión ao fronte da mesma, o camiño non se reparou.

Persoal municipal e unha subcontrata están ao fronte das reparacións.

 As actuais obras no Camiño de Poutón, están  valoradas en 21.700 euros e  serán financiada con parte dos fondos procedentes das expropiacións de Porto do Molle, o antigo almacén municipal e da AG-57, segundo informa a alcaldía. As obras resolverán un “problema histórico deste camiño da parroquia de San Pedro”, sinalaba este martes o alcalde Alberto Valverde.

A actuación, que comezou o martes e ten un período de execución máximo estimado dun mes, e será asumida por persoal municipal a instalación da rede, mentres que a pavimentación parcial do firme do camiño, cunha subcontratará “ante a falta de medios internos para asumir a obra de forma interna”, segundo declarou o alcalde.