Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O Camiño do Poutón, intransitable dende 2011

O Camiño do Poutón, intransitable dende 2011

Correo-e Imprimir PDF
Camiño do Poutón

O PSOE de Nigrán volve a solicitar ao concello o fin das obras do Camiño do Poutón e que volva a ser practicable par aos veciños do Barrio da Cabreira e S. Pedro.

Os socialistas culpan ao actual concelleiro de vías de obras, Jose Álvarez, de opoñerse ás obras no ano 2011 pola oposición exercida dende a Asociación "A Uníón" cando era presidente da mesma.

 

O Camiño do Poutón segue igual, así o denuncia o portavoz dos socialistas de Nigrán, Juan A. González.  “Alberto Valverde, a pesar das súas reiteradas promesas, continúa condenando aos veciños do populosos Barrio de A Cabreira e Vilariño en San Pedro da Ramallosa a separalos ao ter intransitable o camiño de Poutón”.

González non dubida en repartir as responsabilidades entre o actual alcalde de Nigrán e o concelleiro de Vías e obras, sinalando que o asfaltado do camiño estaba incluído no Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra de 2011, durante o mandato de Efrén Juanes, e que só puido ser completado na metade do seu percorrido pola oposición da Asociación de Veciños “A Unión” de San Pedro da Ramallosa presidida polo actual Concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez que acusa de aglutinar a oposición de varios veciños da zona "para facer barricadas no Camiño de Poutón e así impedir á empresa COVSA facer o seu traballo."

González apunta que " dous anos despois as consecuencias as están pagando todos os veciños de Nigrán xa que nin o concelleiro de Obras nin o alcalde de Nigrán teñen interese algún non sóen  rematar a obra que eles paralizaron senón, polo menos, facer transitable este vieiro de comunicación."