Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán anuncia que acende as súas luces do Nadal cunha redución do gasto superior a un 16 %.

Nigrán anuncia que acende as súas luces do Nadal cunha redución do gasto superior a un 16 %.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

-O Concello anuncia que reduce en 2000 euros o investimento co relación a anos anteriores.

-A pesar desta redución, "o alumado chegará a todas as parroquias do municipio" sinalan dende a alcaldía.

A ponte da Constitución arrinca na tarde noite de hoxe co aceso das luces do Nadal en todas as parroquias do municipio. Ao igual que en Gondomar, o goberno de Nigrán optou por un tipo de instalación que permitirá reducir en máis dun 16% o custo alumado de Nadal, segundo estimación da administración local. Nese senos, salientase que a pesar do aforro, o alumado terá unha maior cobertura que en anos anteriores.

O Concello informa que dos 12.000 euros investidos neste capítulo en anos anteriores (2010 e 2011) "ven este ano reducidos a 10.000 euros". Con todo, o número de luminarias "non só non se ve reducido senón que se incrementa, chegando a todas as parroquias do municipio e cubrindo tamén a iluminación do novo edificio", sinala un comunicado municipal

Así mesmo, o alcalde Alberto Valverde fai fincapé naniciativa realizada desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor OVALMI, que unificará a decoración externa dos locais e establecementos comerciais cunha alfombra vermella e unha árbore de Nadal nas súas portas. "As rúas de Nigrán lucirán a decoración propia desta época do ano pero con mellor investimento. A pesar das dificultades que nos toca vivir, é importante manter o espírito do Nadal os máis vivo posible", declarou Valverde.