Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Este xoves ás 18 horas inaugúrase a iluminación de Nadal no concello de Gondomar

Este xoves ás 18 horas inaugúrase a iluminación de Nadal no concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
nadal led

-A iluminación de Nadal estará acesa dende as 18 horas ata media noite, do 6 de decembro ata o día de Reis

-A Concellería de Cultura colocou sistemas de iluminación eficiente. A medida tradúcese nun aforro do 20% respecto da contía de 2009, segundo fontes muncipais.

O Concello de Gondomar inaugura mañá ás 18 horas o alumeado de Nadal que ambientará o municipio nestas datas. As principais rúas do casco urbano así como todas as parroquias estarán debidamente iluminadas para a ocasión con arcos de led e puntos de luz de baixo consumo en farolas.

O municipio optou un ano más pola colocación sistemas de iluminación "eficientes enerxeticamente", sinalou o concelleiro de Cultura, Ignacio Trocoso. Nese senso, salientou que o aforro previsto con esta instalación redundará nun 20% menos de custe con respecto á anterior utilizada até o 2009. Todo iso sen "que supoña unha mingua no alumeado", agregou.

A iluminación de Nadal estará acesa dende este xoves 6 de decembro até o día de Reis, en horario de 18 horas ata a media noite.