Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán bota a andar a campaña divulgativa “Eu non son maltratador”

Nigrán bota a andar a campaña divulgativa “Eu non son maltratador”

Correo-e Imprimir PDF

-O catedrático de psicoloxía clínica da Universidade do País Vasco, Enrique Echeburúa, ofrecerá unha conferencia baixo o título "Violencia contra a parella: vítimas e agresores".

-O acto terá lugar o vindeiro 26 de novembro no Salón de Actos do Concello de Nigrán.

A concellaría de Patrimonio, Igualdade e Mocidade do Concello de Nigrán, a través do CIM, presentará o próximo 26 de novembro a campaña divulgativa "Eu non son maltratador", con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. O acto, protagonizado polo catedrático de psicoloxía clínica da Universidade do País Vasco, Enrique Echeburúa, terá lugar no Salón de Actos do Concello de Nigrán ás 18.30 horas.

A campaña está destinada aos homes co fin de combater os comportamentos violentos. A conferencia, baixo o título "Violencia contra a parella: vítimas e agresores", centrará a campaña da concellaría para erradicar unha das secuelas desta sociedade: a violencia de xénero, que se completará coa repartición de material informativo e divulgativo sobre este problema.

Enrique Echeburúa é un refutado investigador nas áreas de violencia familiar e tratamento de homes agresores no marco da violencia de xénero. No ano 1995 impulsou o que se considera o primeiro proxecto de reeducación de maltratadores en España, despois de comprobar que entre o 40% e o 60% das mulleres vítimas de malos tratos que atendía seguían convivindo co seu agresor "mesmo naqueles casos nos que se producía unha separación, constatamos que algúns homes tiñan un risco moi alto de volver cometer esas condutas en futuras relación", segundo explica este catedrático.