Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar mobilízase contra a violencia cara as mulleres

Gondomar mobilízase contra a violencia cara as mulleres

Correo-e Imprimir PDF

-Con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres, este domingo 25 de novembro haberá unha concentración ás 12 horas diante do Concello, lerase un manifesto e proxectarase a curta 'Mirada nova'

 

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres, o domingo 25 de novembro a Concellería de Igualdade de Gondomar, dirixida por Patricia Durán, convoca unha concentración en solidariedade coas vítimas e en rexeitamento da violencia ás 12 horas no Concello de Gondomar. Alí, o alcalde, Fernando Guitián, lerá un manifesto en contra da violencia de xénero, que será seguido de dous minutos de silencio.

A continuación procederase á presentación da curtametraxe "Mirada Nova", no terceiro andar da Casa da Cultura. A curta é froito dun taller de coeducación realizado con rapaces e rapazas do IES Terra de Turonio, co que se pretendeu sensibilizar a estes adolescentes sobre a temática das desigualdades e as actitudes discriminatorias por razón de sexo, concretamente na prevención da violencia de xénero.

A intención do taller era ofertar un canal atractivo para a xuventude (o medio audiovisual) con diferentes aportacións: ideas para o guión, caracterizacións, slogans, interpretación,que saíron dos propios rapaces.