Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán conta ter un novo PXOM en setembro de 2009

Nigrán conta ter un novo PXOM en setembro de 2009

Correo-e Imprimir PDF

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a licitación para a contratación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán (PXOM) . Juan González, concellal de urbanismo, afirma que "é un novo paso de cara a redacción do tan necesario PXOM de Nigrán e unha constancia de que dende o goberno de Nigrán estanse dando os pasos firmes e necesarios para conseguir un Plan Xeral consensuado e que de resposta as necesidades de crecemento ordenado que Nigrán precisa."

O orzamento base de licitación é de 225.000 €, coa subvención por parte da Consellería de Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial do 80% (180.000€) e o prazo límite de presentación é de trinta días naturais a partir da data de publicación no DOG.

A Comisión Ordinaria Informativa de Asuntos Xerais celebrada no Concello de Nigrán o martes 22 de xaneiro aprobara por unanimidade de todos os grupos políticos o expediente para a contratación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán (PXOM), unha aprobación que foi reafirmada novamente por unanimidade no Pleno Ordinario do mes de xaneiro. 

Establécese un prazo de execución para a realización do traballo de 18 meses. Oito meses para a redacción do avance de planeamento, seis meses para a redacción do documento de aprobación inicial, tres meses para a redacción do documento de aprobación provisional e se fose preciso un mes para a aprobación definitiva.