Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Dúas empresas optan a redactar o futuro Plan Xeral de Nigrán

Dúas empresas optan a redactar o futuro Plan Xeral de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Dúas empresas consultoras, a viguesa Barcovi e a coruñesa Arnaiz, son as únicas que se presentaron ao concurso público para a redacción do PXOM de Nigrán, segundo púidose saber onte, tras pecharse o prazo para a presentación de candidaturas.

O goberno municipal adxudicará os traballos o próximo día seis de maio, despois de que se reúna unha comisión formada por un representante por cada grupo político, dous técnicos da Xunta, o arquitecto, o enxeñeiro, o interventor e o secretario municipal. A redacción do futuro planeamiento custará 225.000 euros, dos que o oitenta por cento serán aportados pola dirección xeral de Urbanismo e o resto completarase con fondos propios do Concello.

Continúa na Voz de Galicia