Ducias de vehículos clásicos déronse cita este domingo en San Roque de Morgadáns. Dende as 11 da mañá foron desfilando pola contorna co recinto de festa de San Roque como punto final.
Actividade que concitou a asistencia de veciños e visitantes contou coa presenza do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira que percorreu o recinto e falou con organizadores e propietarios dos clásicos presentes na concentración.