Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O goberno de Gondomar “certifica” a efectividade do muro de contención nas escolas vellas.

O goberno de Gondomar “certifica” a efectividade do muro de contención nas escolas vellas.

Correo-e Imprimir PDF
Muro cdl

O goberno de Gondomar “certifica”nun comunicado público que o muro-grada recentemente instalado na fronte das escolas vellas da vila evitou o asolagamento das instalacións. A contención que tivo un investimento próximo aos 100 mil euros, financiados pola Deputación, fora cuestionada por diversos sectores que o consideran ineficiente como solución aos desbordes periódicos do Río Miñor nesa zona de terreos baixos. Nomeadamente, e como viuse nas últimas choivas, a instalación non protexe todo o perímetro do edificio, provocando acumulación de auga que só pode conter a capacidade de absorción do terreo. O perigo aumenta en tempadas onde as precipitacións instálanse durante varios días. A administración asegura que traballa no perfeccionamento do sistema e procura recursos para ampliar os instrumentos de evacuación das augas.

A versión do Concello “certifica” a operatividade do muro

O Concello de Gondomar, nun comunicado sinala que “tralo desbordamento do río Miñor a pasada semana debido ás fortes choivas e a pleamar, celebra o funcionamento do novo muro - grada instalado diante das edificacións do Centro de Desenvolvemento Local como medida de protección ante as inundacións do edificio que en anos anteriores repetíanse debido á situación xeográfica de baixa altura do lugar”.

Engade ca auga acumulada na contorna dos edificios provén tanto da choiva como da urbanización do campo de fútbol “As Cerchas” .  Informa que a súa evacuación prodúcese “unha vez que baixa o nivel do río grazas á instalación dunha válvula na tubería de desagüe que impide a entrada do auga procedente do río á contorna dos inmobles municipais e permite a evacuación posterior do auga acumulada no interior cando o nivel do caudal do río baixa”.

O Concello de Gondomar procura mellorar o sistema

O escrito informa que o Concello estuda “perfeccionar a instalación dotándoa dun sistema de evacuación da auga interior proveniente da choiva mediante bombeo. Neste senso, trala primeira fase subvencionada pola Deputación, o Concello “atópase en procura de novas formas de financiamento para levar a cabo as seguintes fases de mellora da obra. En concreto, a corporación municipal prevé acometer nun breve período de tempo as obras do parking na circunvalación tamén sufragadas polo organismo provincial”.