Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Estraño vertido vermello espállase polas augas do Zamáns.

Estraño vertido vermello espállase polas augas do Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF
zamans vermello

Un estraño vertido de cor vermello tinguiu as augas do río Zamáns o pasado mércores sen que se coñeza ata de agora as causas do fenómeno. O feito foi captado polo cámara Pablo Banga, de Gondomar.tv quen denunciou a filtración que pode observarse no vídeo divulgado na noite deste xoves 14 de novembro.

Un suceso de similar características na Foz do Miñor provocou a apertura dun expediente por parte de Augas de Galicia ao Concello de Nigrán a mediados de decembro de 2012. Se ben daquela informouse por parte do organismo autonómico que soen utilizarse líquidos de trazo con cores para detectar perdas ou vertidos, non existía ningún programa de actuación na Foz nese intre. Tampo agora existe información pública dun programa deste tipo no Zamáns.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site