Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Garda Civil aconsella aos veciños de Gondomar sobre posibles situacións de risco

A Garda Civil aconsella aos veciños de Gondomar sobre posibles situacións de risco

Correo-e Imprimir PDF
concello escudo_vidrio

Non vaia ao banco os mesmos días de cada mes. Reparta as visitas aos caixeiros en distintas xornadas. En ambos os dous caos acompañado doutra persoa de ser posible, sobre todo no caso de persoas maiores. Estes son algúns dos consellos preventivos que a Garda Civil deu a representantes das comisións veciñais de Gondomar, nunha reunión mantida onte na que participaron tamén o alcalde Fernando Guitián e o xefe da policía local.

 

Segundo acaba de informar o Concello nun comunicado, a charla, que durou preto de hora e media, foi convocada "a instancias da Garda Civil co obxectivo de previr os veciños sobre posibles incidentes ou delitos. Nela, o Corpo deu indicacións aos asistentes e expuxo diversos modelos de actuación fronte a estas situacións de risco".