Xoves, 9 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar contrata 5 auxiliares de policía por 4 meses e proponse contar con 11 fixos no 2012.

Gondomar contrata 5 auxiliares de policía por 4 meses e proponse contar con 11 fixos no 2012.

Correo-e Imprimir PDF
7637_policia-local

.O Concello de Gondomar contrata 5 novos auxiliares da Policía Local por 4 meses.

.O concelleiro de Seguridade e Tráfico Eladio Costas anuncia que para 2012 Gondomar pasará de 8 a 11 policías locais fixos.

Cinco novos auxiliares da policía local patrullarán o concello de Gondomar nos próximos catro meses, co que o número de efectivos elevarase a 13. Os novos axentes sumaranse aos oito xa en funciones co obxectivo de cooperar nas tarefas de tránsito e seguridade na tempada estival, concretamente entre os meses de agosto a novembro. Ademais deste anuncio, o concelleiro Eladio Costas de Seguridade e Tráfico , adiantou que o Concello prepara a convocatoria para tres novos auxiliares que con carácter definitivo ingresaran a Policía Local gondomareña no 2012.

Tanto o concelleiro Eladio Costas como o alcalde Fernando Guitián agradeceron ao cadro da Policía Local "polo esforzo realizado ao adaptar os cambios nas quendas necesarias para a incorporación dos novos auxiliares".