Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Crean un paso de peóns dobre diante do colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros.

Crean un paso de peóns dobre diante do colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF
paso pietierios

O Concello de Gondomar ven de concluír a colocación dun paso de peóns dobre diante do colexio Xosé Neira Vilas (Peitieiros). As obras acometéronse ca fin de dotar de maior seguranza a circulación de peóns nese punto da PO-2301, segundo informaron os concelleiros Jesús Salgueiro (Vías e Obras) e Paula Bouzós (Educación), encargados da xestión. A intervención foi subvencionada pola Deputación de Pontevedra, titular da estrada, segundo informou esta mañá a administración.