Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Un centenar de veciños de Gondomar iniciaron o Programa "Envellecemento + Activo".

Un centenar de veciños de Gondomar iniciaron o Programa "Envellecemento + Activo".

Correo-e Imprimir PDF

Preto dun centenar de veciños toman parte dos cursos "Estimulación da memoria" e "Ximnasia de Mantemento", informou este martes a Concellaría de Benestar Social de Gondomar. As actividades foron inauguradas pola concelleira responsable, Patricia Durán, quen destacou o aumento da participación nestas actividades.

 

Os cursos forman parte do programa "Envellecemento + Activo", impulsado pola Xunta de Galicia e co financiado polos fondos FEDER, dirixidos a maiores de 55 anos. Con 62 persoas inscritas, "Ximnasia de mantemento" estase a desenvolver no Pavillón Municipal dende mediados de setembro, e cunha participación de 23 persoas o pasado 1 de outubro comezou "Estimulación da memoria" no Auditorio Lois Tobío.