Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Pazo do Conde de Gondomar novamente abrirá as súas portas para ser visitado os xoves de agosto.

O Pazo do Conde de Gondomar novamente abrirá as súas portas para ser visitado os xoves de agosto.

Correo-e Imprimir PDF
pazo-conde-audicion-iem

Dende que Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez asumiu como o XIII conde de Gondomar en decembro de 2010 as portas do histórico pazo que levantara o seu devanceiro Diego Sarmiento de Acuña (I conde de Gondomar) amosan plena disposición a abrirse a visitas e actividades comunitarias. Audicións musicais e visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos, o Concello e outras organizacións socias, colocaron novamente ao Pazo do Conde como un enclave de grande atracción para veciños e turistas. Agora, o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Turismo informan que terán lugar visitas guiadas os próximos dous xoves deste mes de agosto.

 

O próximo xoves 23 de agosto terá lugar a primeira delas. A actividade dará comezo ás 18 horas na Oficina de Turismo situada na Avenida da Feira sobre o parque do mesmo nome. A concellaría informa que todos os percorridos serán gratuítos, aínda que os interesados en participar deberán facer unha inscrición previa na devandita Oficina de Turismo ate o mesmo día da saída. O teléfono da Oficina 986389194 está dispoñible para consultas.