Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Xosé Antón Araúxo pon os seus cargos a disposición do BNG Gondomar por mor do resultado electoral.

Xosé Antón Araúxo pon os seus cargos a disposición do BNG Gondomar por mor do resultado electoral.

Correo-e Imprimir PDF
xose-anton-arauxo

48 horas despois das eleccións municipais, o candidato nacionalista Xosé Antón Araúxo puxo os seus cargos de concelleiro e no partido a disposición da dirección local do BNG Gondomar. Así o confirmou a Valminor.info o responsable da agrupación, Xosé "Pepe" Valverde, quen cualificou a medida como "de hixiene democrática" e parte "da cultura política do BNG". Valverde informou que "o obxetivo era gañar a alcaldía", e ao non acadalo, Araúxo tomou esa decisión política. O responsable local adiantou a súa posición persoal, contraria a que Araúxo abandone as súas responsabilidades como concelleiro e membro da mesa local, pero sinalou que a decisión será tomada pola totalidade da dirección do BNG Gondomar, integrada por 17 persoas.

Para Valverde, Araúxo actuou conforme á ética e tradición da organización nacionalista. "No BNG os cargos son corporativos e non persoais", sinalou. O escrito foi dirixido ao propio Valverde na súa calidade de responsable local do Bloque. A decisión de Araúxo materializouse o martes pola noite, horas antes de ser investido pola xunta electoral local, como concelleiro da nova corporación municipal de Gondomar en funcións que entrará a partir do vindeiro 11 de xuño.

A directiva local do Bloque en Gondomar será citada entre hoxe e mañá. A decisión sobre os cargos postos a disposición por Araúxo, "será colectiva", sinalou Valverde. O responsable local non quixo aventurar prognósticos, e remitiuse á tradición democrática do BNG, "a diferenza de outros grupos políticos". Para Pepe Valverde "sempre poden haber compañeiros que pensen que algo non estivo ben" en relación ao traballo desenvolvido pola candidatura de Araúxo, polo cal deberá esperarse á concreción da devandita xuntanza para coñecer a decisión final.