Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O PP prepara unha rolda de conversacións con tódolos partidos de Gondomar na busca de gobernabilidade.

O PP prepara unha rolda de conversacións con tódolos partidos de Gondomar na busca de gobernabilidade.

Correo-e Imprimir PDF
Fernando Guitián nunha xornada de traballo da candidatura do PP Gondomar.

Salvo o concelleiro Manolo Gómez, candidato de Iniciativa por Gondomar, ningún dos outros cabeza de lista chamaron ao enxeñeiro Fernando Guitián para saudalo por acadar a maioría simple nas municipais de Gondomar. Unha actitude que abre suspenso sobre a receptividade que terá un chamado ao diálogo que o Partido Popular fará a tódalas candidaturas do municipio. Acordar a "gobernabilidade" do concello é o primeiro obxectivo de quen seguramente sexa o alcalde de Gondomar, aínda que Guitián manteña que por agora non o é. A estratexia marcada polo populares de cara ao 11 de xuño, data da investidura da nova corporación, implicará unha rolda de conversacións onde se avaliará o "grado de implicación" que cada grupo terá no futuro goberno, indicou Guitián.

O alcaldable dos populares amosa alegría, pero sobre todo di estar "máis tranquilo" 48 horas despois de saber que o PP era unha vez máis o partido máis votado en Gondomar. "O día seguinte aínda estaba a 200 revolucións", relata. "A cabeza fría" é fundamental para afrontar a nova etapa de diálogos cos outros partidos,afirma. Consultado sobre a "pacificación" do clima político do concello, Guitián sinala que el e o seu equipo farán todo o posible para acadarllo pero que de última iso "evidentemente dependerá de todos". "Os demais tamén deberán esforzarse", sinalou Guitián.

Consultado sobre si as conversacións coas outras candidaturas xirará a prol dunha alianza de goberno ou compromisos puntuais, Guitián reiterou que das conversacións coas candidaturas poderá desprenderse "o nivel e o grado de implicación" que cada forza teña no futuro goberno municipal de Gondomar.

Dim lights Embed Embed this video on your site