Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar En Gondomar a única persoa privada de liberdade polos casos de corrupción... foi por denuncialos.

En Gondomar a única persoa privada de liberdade polos casos de corrupción... foi por denuncialos.

Correo-e Imprimir PDF
Ningún dos políticos declarados culpables nos xuízos  por corrupción en Gondomar foron privados de liberdade.

Amalia Vicente está de arresto domiciliario. Por 72 horas non poderá saír da súa casa por mor dunha decisión xudicial baseada nunha declaración da Garda Civil, que afirmou atoparlla pintando nun edificio unha mensaxe de contido inxurioso contra un membro do actual goberno municipal de Gondomar. A testemuñas de outros veciños din que ela non fixo a devandita pintada, só estaba denunciando a corrupción en Gondomar que por aqueles días, ocupaba os titulares da prensa. Entre 2007 e 2011, despois dunha morea de denuncias, confesións de parte e sentenzas xudiciais por delitos de corrupción, prevaricación, suborno, que colocaron a este municipio miñorano ao borde do colapso, Amalia Vicente é a única persoa que foi privada da súa liberdade... e foi por denuncialo.

A muller que está baixo arresto é nai, enxeñeira agrícola e profesora dunha FP. Tamén participa nunha ONG que coida da situación dos nenos que viven nos campamentos de refuxiados saharauís, no deserto do Sáhara. De feito, hai días estivo traballando nun festival solidario para xuntar cartos que permitiran que algúns destes rapaces podan saír dos máis de 50º que quentan o Sáhara e podan compartir unha experiencia de vida no Val Miñor.

Durante estes tres días ela di que aproveitará a estar xunta a súa familia. Pero tamén e certo que lle impedirán estar presente no acto central do seu partido o BNG a celebrase este domingo, e onde é candidata como segunda suplente. E por si fora pouco, a condena tamén a privará de participar no acto de campaña a celebrarse na súa parroquia de Vincios.

Amalia non declarouse culpable, só que a testemuña dun funcionario do Estado tivo máis peso aos ollos do xuíz ca dela. Consultada pola súa situación, ela di que "estou ben, cos fillos, a miña nai e meu home como tódolas fin de semana". Sen embargo, non sen resignación, confesa que cando elixiu estas datas no xulgado, non tomou en conta que coincidía coas da campaña electoral. "E que eu non vivo da política, entendes?"