Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños cansos dos casos de corrupción en Gondomar asinan manifesto polo voto responsable.

Veciños cansos dos casos de corrupción en Gondomar asinan manifesto polo voto responsable.

Correo-e Imprimir PDF
alt
Henrique e Conchita no encontro coa prensa.
Conchita dialoga cun veciño que achegouse ao acto.
A candidatura de EU Gondomar achegouse a falar coa plataforma veciñal.
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

Sesenta veciños sen afiliación partidaria asinaron un manifesto onde afirman estar "avergoñados dos políticos que gobernaron sen dignidade" o Concello de Gondomar. Manifestan estar cansos de que Gondomar "sexa coñecido polos seus escándalos de corrupción", e o "desfile dos seus gobernantes polos estrados xudiciais". Lamentaron que en pleno século XXI se sigan observando neste municipio as prácticas de caciquismo, prebendas, acomodos de familiares, altos soldos , contratación de amigos, casos que aseguran son "ben coñecidos" pola veciñanza. Por todo isto, fan un chamado á sensibilidade e á conciencia cívica dos cidadáns de Gondomar para realizar un "voto responsable" nas vindeiras eleccións municipais. "Votemos con responsabilidade por políticas honestas e persoas honradas que defendan os intereses comunitarios de todos", sinalan nun escrito que pretende distribuír polo municipio neste última semana de campaña.

Antes de saír nunha percorrida polas dez parroquias de Gondomar, unha ducia deles xuntouse na explanada do centro médico da Vila nun encontro coa prensa. Conchita e mais Henrique, veciños de Gondomar que xeralmente asisten aos plenos da corporación municipal, integran grupos de protesta cívica como Moción=Corrupción, e outras plataformas activas da sociedade civil do Val Miñor,oficiaron de portavoces. Afirmaron que Gondomar "atópase nun atasco", produto dunha práctica política baseada en el clientelismo electoral. Afirman que aínda pódese escoitar a políticos que din "A estos ni agua que no votan", nunha actitude discriminatoria cara aos veciños que non comparten intereses cos gobernantes de quenda.

O chamado é para que "non vaiamos có voto que nos han metido na man", sinala Henrique. "Non propoñemos o voto para ningún partido, se non a reflexión á hora de votar", agrega. "Os veciños teñen que ser conscientes que o concello é noso, dos cidadáns", reflexiona Conchita, " e que a democracia non é poñer o voto cada catro anos, se non participar activamente para defender os intereses da sociedade". "Que os políticos lembren que somos cidadáns non clientes... iso ten que desaparecer dos concellos", afirma.

A campaña leva de momento un presuposto próximo aos 250 euros "que pagamos do noso peto" afirman. O gasto é de fotocopias e impresos onde ademais do manifesto, inscríbese o nome dos veciños que o apoian e a foto de 18 deles, quen ademais de asinar co nome e profesión han decidido "dar a cara" á hora de pedir o voto reflexivo. Por último, unha pancarta cunha frase de Martin Luther King: " O problema non son as accións da xente perversa, senón o pasmoso silencio da xente boa "