Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Esquerda Unida de Gondomar presenta programa e lista este sábado na Casa da Cultura.

Esquerda Unida de Gondomar presenta programa e lista este sábado na Casa da Cultura.

Correo-e Imprimir PDF
esquerda-unida-gondomar

O vindeiro sábado 7 de maio ás 20:30 horas Esquerda Unida de Gondomar presentará a súa candidatura ás eleccións municipais do 22 de maio na Casa da Cultura.No acto darase a coñecer publicamente a lista e o programa político da candidatura que encabeza Josué Villar Ballesteros. A agrupación de esquerdas manifestou que "Gondomar precisa dunha rexeneración total da clase política, renovando as caras e as familias no poder, e presentando un proxecto político innovador e alternativo, no que destaca a redución dos salarios da clase política en Gondomar,e a rexeneración de postos de traballo apostando polo desenrolo local, entre outras medidas que xa tiñan que estar implantadas dende fai tempo". "O transporte, priorizar en un desenrolo ecolóxico e sostible, e dar voz a unha xuventude sen futuro son as prioridades" sinalaron. Acompañan ao alcaldable Josué Villar, Nuria Andión integrante do colectivo violeta e Jorge Carneiro dirixente sindical de CC.OO.

A candidatura ten unha media de 24 anos, e intentará por primeira vez na historia do concello acceder a un escano de edil. "Levamos traballando un ano por unha democracia participativa e de calidade, no que a agrupación local fixo varios foros participativos, mantivo reunións cos diferentes colectivos sociais, e apoiaron as mobilizacións en contra das agresións do capital", sinala na convocatoria Delvino Domínguez, Responsable de Organización de EU.

A promoción de medidas socias xa aplicadas noutros concellos queren ser aproveitadas para Gondomrar. "Garantizar unha vivenda e un traballo ten que ser unha prioridade, pobos como Marinaleda, aplicando o sistema de cooperativas de traballo e vivenda xa conseguiron ofertar vivendas a 15 euros mensuais , e lograr o tan ansiado pleno emprego. Parte das técnicas empregadas en Marinaleda son as mesmas que pretendemos traer a Gondomar, porque o pleno emprego e o dereito a vivenda non deben ser unha utopía, senón unha realidade"