Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Adxudicadas as obras para o arranxo do tellado do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Adxudicadas as obras para o arranxo do tellado do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Os nenos do Chano Piñeiro terán habilitados os baños do primeiro andar da escola aínda cando chova a partir do próximo curso 2011-2012. Así o comunicaron ao centro de ensino dende a Xefatura Territorial de Educación de Pontevedra, confirmando que as obras de arranxo do tellado avariado están adxudicadas e que comezarán unha vez rematen as clases. A comunicación recibiuse o pasado mércores 4 de maio, dous días despois de que as nais e pais da ANPA Pousa de Fontán, remitiran un escrito esixindo unha solución ao problema.

A pesar de ter tan só 12 anos de construído, o edificio do CEIP Chano Piñeiro presenta problemas no tellado, o que xera goteiras que nos días de choiva fan imposible utilizar os baños do primeiro andar. Segundo o informado pola ANPA Pousa de Fontán, dende o curso pasado, cando chove se producen goteiras "o que obriga a dirección do centro a pechar os baños, polo risco que supón para os alumnos", de feito, os pais aseguran que debido as devanditas goteiras chegan "a caer as planchas do falso teito". Hai un mes unha técnica da Xefatura Territorial que visitou o edificio, ditaminou a necesidade de cambiar o tellado debido a seu estado.