Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A tan só 12 anos da súa construción o CEIP Chano Piñeiro debe pechar os baños cando chove.

A tan só 12 anos da súa construción o CEIP Chano Piñeiro debe pechar os baños cando chove.

Correo-e Imprimir PDF
chano

A pesar de ter tan só 12 anos de construído o edificio do CEIP Chano Piñeiro en Gondomar ten o tellado estropeado. Segundo o informado pola ANPA Pousa de Fontán, dende o curso pasado, cando chove se producen goteiras "o que obriga a dirección do centro a pechar os baños, polo risco que supón para os alumnos", de feito, os pais aseguran que debido as devanditas goteiras chegan "a caer as planchas do falso teito". Hai un mes unha técnica da Xefatura Territorial que visitou o edificio, ditaminou a necesidade de cambiar o tellado debido a seu estado. Ante a falla de comunicación por parte da administración da resolución tomada a ANPA presentou este 2 de maio un escrito ao Xefe Territorial de Educación de Pontevedra esixindo unha solución rápida do problema. A asociación de pais ameaza con tomar medidas de forza en caso de non obter unha resposta satisfactoria das autoridades competentes.

As goteiras afectan os baños do primeiro andar do colexio, o que afecta a un número importante de alumnos. A ANPA informa que a técnica que visitou o Chano Piñeiro asegurou que "se ten que proceder ao cambio do tellado, xa que as chapas están podridas e non vale con cambiar na zona de goteiras, pois sería por parches". Os pais amosan a súa preocupación e solicitan a Xefatura que confirme se van a proceder ao troco do tellado do centro, unha vez rematado o curso, tal como solicita no seu informe a técnica. José Manuel Fernández, presidente da ANPA Pousa de Fontán, comunicou que "Despois de varios escritos a xefatura territorial non recibimos resposta ningunha por parte deste organismo, polo que na próxima asemblea a celebrar a finais de mes se tratará este tema e tomaremos as medidas pertinentes para que se faga esta obra", asegurou.